Esta entrada escriboa eu,Paulo,que despois de un bo tempo volvo ser o que publica. Quería tratar que co que eu escribo todos miremos para os nosos e fagamos todo o posible para que eles esten felices.
Este ano 2008 levouse a dúas persoas das que me sentía orgulloso de ser neto,era para min un privilexio.Dúas persoas que sempre me recordaron que estudiar era básico para ter un bon futuro e que tiña o cercano exemplo de meus pais para comprobalo.Sei que alí onde esten van notar o meu amor e que eu dende aquí o seu alento que me vai a empuxar.Eu teño que demostrar que cumplo co que eles pensaban de min.Que se sintan orgullosos alá onde esten.
Do meu avó Antonio gardo moitos recordos,todos os que puiden disfrutar:dende a verdura que lle roubaba as noites do venres ata o final cando xa estando máis debilitado me esperaba para comer.Desfrutámos da súa compaña todo o que puidemos porque sabíamos que a vida nos dera esa oportunidade.Nunca olvidarei tampouco as súas cancións que algún día espero transmitir para que non se esquezan.
Do meu avó Guillermo tamén teño moitos recordos:dende que me ía buscar para ir a misa ou tomaba con el a merenda na casa ata o último sábado en que o levámos a pasear.Desta volta a vida foi moito máis cruel e durae non nos deu a tempo para aprender todo o que el nos tiña para ensinar.
Espero que eles se foran sabendo o moito que eu os quería e que me quedara tan só un pouco da súa sabedoría para afrontar as cousas como debe ser.Só decir para rematar que desfrutedes se pododes dos vosos porque eso é algo que non ten prezo e que ninguén nos poderá quitar da memoria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

5 comentarios:
Moi bo, Paulo. Espero que te valores un pouco máis, porque escribir escribes moi ben.
En canto o tema, qué che vou dicir. Comparto absolutamente todo o que contas, pois todos temos anécdotas que contar dos nosos avós. Como non creo nesas cousas do ceo, pois éme máis difícil, pero sei que cos logros teus e meus estarían os dous ben orgullosos.
Moito ánimo, que hai que seguir adiante, axudando no que se poda e continuando a vida se cabe cun referente máis.
Unha aperta ben forte!!!
que xe vou decir ke non sepas.........ke me kaees de puta madre e ke espero ke te rekuperes destes deslices ke ten a vida..........seguro ke eran persoas moi sabias............e ti hredaxes a lo menos un xisko deles............e estas a demostralo.......un saudo crack
adiuuuuuuuuuuuu
As túas palabras son o sorriso dos teus avós nestes momentos. Nadie dubida que a súa persoa alentaba a moitos, pero quero que te des conta de que ti tamén alentas a moitos, entre eles eu, o que me podo considerar un privilexiado por poder gozar da túa compaña.
Que estes momentos duros que depara a vida non corten a túa progresión, son mometos duros, pero é o destino da vida.
Eres un rapaz con tempo para demostrar o que vales, así que xa sabes Paulo, ¡se forte!. Conto con que esta tristeza que temos todos, logre , inda que non é doado, fuxir das nosas mentes o máis rapidamente posible, o ver a túa ledicia, e unha das causas que fan que me levante con ganas de loitar todolos días.
Ánimo amigo!
Boas, encantame o k hai aqui escrito, a verdade e k tes razón, o mellor k se pode facer cando a vida te pisa e seguir adiante e non virse abaixo. Para iso tamén estamos nós os amigos cos que sempre vas poder contar e ós que sempre lles poderás pedir consello. Adesmais sendo como eres nunca che van faltar nin amigos nin axudas nos momentos difíciles.
Unha aperta.
bueno pequeno.. pois que sepas que eu tamén penso coma ti.. que eu tamén perdin a alguén a quen estimaba moitísimo e que me ensinou todo o mellor desta vida e o valor das cousas.. e que grazas a ela sei que o mundo pode ser mellor se nós o intentamos cambiar..
así que xa sabes que para o que precises aquí estamos..
e que é precioso todo iso que escribiches.. seguro que eles tamén están orgullosísimos de ti e dende algunha parte te están observando.. iso non o dubides =)
moitos bicos!!
krvss
Publicar un comentario