Bueno aunque no soy muy aficionado a la poesía, pero esque esta es para troncharse xDDD ahi os van unas cuantas paridas de Colectivo Ronseltz:(no intenteis buscarle sentido a los poemas porque no lo tienen xDD)
Danse clases de poesía
por licenciados en metafóricas.
Coñecimentos sobre sinestésias
de sensacións e doutoramento
en pareados. Precio económico.
Proximidade oposicións poetas
de corporación locais.
Temario plastificado incluido
con matrícula. Dez horas semanais.
Compatibilidade de horarios.
Temas sobre:
-A lírica metonímica na Constitución de 1978
-O verso libre nos municipios periféricos.
-A concatenación sonética en porteiros
e ordenanzas.
-O barroquismo poético dentro da administración.
-A falta de recursos humanos na entrada e saída de documentos.
-A sobriedade literaria da figura do Alcalde.
-A utopía como fórmula de loita contra da excesiva natalidade de pombas e
gaivotas con respecto ao deterioro das fachadas dos edificios.
-Dependencias e servicios adicados ao cuarteto de rima impar
asonante nas oficinas de atención ao público.
NON AGARDES MAIS
VEN RESERVALATUA PRAZA
RONSELTZ
ACADEMY
Neotrovadorismo (II)
(cantiga de amigo, escarnio e mal dizer)
Antes eras un colega
pero agora
me cago en tu puta madre
me cago en tu puta madre
Teño na miña man escreber
as palabras máis sublimes.
Teño na miña boca pronunciar
as palabras máis fermosas.
Pero ti... ti nunca me miras,
ti nunca me escoitas.
(Último poema de Maiquel Llordan antes de adicarse definitivamente
ao baloncesto).
Galiza
Todo na miña terra é paisaxe
Menos traxe,
paxe
e garaxe.
E se os nosos versos
vos parecen herméticos
¡Ai abrelatas!
Suicidio
Colles o teléfono
Marcas o teu número
Falas contigo mesmo:
Decididamente, non te podes ver.
Antes de discutir
Prefires colgarte.
(Padre nuestro...)
A pequinés regalado sodomízao cun arado
Señor Mío Jesu Cristo eres niño como mía
Jesu Sito de mi vida mi corazón es tuya
Padre Nuestra: una palabra de ti bastará para sanar yo
y el pan que nos pertenece danos lo
paiciño paiciño pae
somos galegos e non nos entendemos.
¿Un pequeno prexuizo
pouco premeditado
é un prexuizo aliterado?
¿Un pastor alemán é unha metonimia?
¿A Coca cola é mancha eterna?
¿Alí onde está o veneno está o remedio?
¿Se vas a Bueu nun bou vas
e se non, non?
¿Chove?
Xa escampará.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
ti non llo atoparás,non sei se porque non queres ou porque non es capaz,pero ter ten abondo!xD
Ronseltz critica descaradamente (no 1º poema) á sociedade e ás merdas que vivimos (tal cual o que fai ou fixo ou está a facer o movemento do 15 M).
ti vives en Galicia?porque eu creo que non ten problemas de comprensión algunha para un galego que se precie!(de bo rollo,non tomes nada a mal)
Publicar un comentario